contador de visitas.

03 diciembre 2010

dende fora

Din á este caderno unha estructura moi formal. Cada entrada correspón a un dos bloques de contidos da programación. Despois, o recoller as aportacións, os contidos tomaban a súa vida, a do alumnado.

Gustaríame agora,afastado do control deses contidos, reservar un oco para a miña reflexión, para anotar o que aprendo deles e con eles.

Este ano, cara a navidad, estamos a preparar un festival de cancións. Traballamos moito a técnica vocal porque eles saben cando cantan ben e cústalles subir ao escenario. É voluntario e por iso só lles poido dicir que melloraron moito e que o fan ben. Nos seus acenos indolentes e nas protestas escoito a dignidade que procuran. Entón, quedo calado e sigo escoitando ou dicindo algo que lles anime a falar máis e despois cantamos, e sigoos escoitando. Caso aparte será a actuación. Por esperiencia sei que os seus nervios crean emoción no salón de actos, pero, nas clases, e emoción que compartimos ven do canto, da súa voz

Empire of the Sun - Suo Gan
Cargado por Zerenodo. - Explorar otros videos musicales.