2.2.Aquí virán as partituras que aprendimos ler e tocar, e máis os videos que atopemos das cancións que aprendimos de oído.
Despois duns cantos meses todo cambiou: un chisco máis vellos, cambiamos de curso, de grupo, de profesores ou de alumnos. Para os que queren combatir o primeiro propoño renovarnos ahí onde estemos, e, para iso imos nos a utilizar o karaoke para aprender a tocar, e por suposto a cantar.
vanBasco's
Karaoke Player - habilitado para la web posee una
interfaz gr´fica intuitiva con soporte para pieles.
Es posible cambiar y reinvocar el tempo, volumen y
tonalidad de una canción, adem´s de
silenciar y reproducir instrumentos a "solo".
La letra puede exhibirse en pantalla completa.
¡Clickee aquí para descargar totalmente
GRATIS este galardonado reproductor!
2.3.Recursos e procedementos compositivos na improvisación, a elaboración de arranxos e a creación de pezas musicais.
No tocante aos arranxos recomendovos a lectura deste documento ilustrado que fixeron Andrea, Marlene e máis Elisabeth.
Mirade algunhas das suas ilustracións musicais.
A Primeira é o Canon de Pachelbel
A segunda é un arranxo que Huecco utiliza para cantar un texto propio
Comparar versións dun mesmo tema pódenos axudar, entre outras cousas, a comprender o valor dun arranxo musical estimulando o noso sentido crítico.
Nestes dous videos ¿cal é o orixinal e cal o arranxo? ¿En qué varía éste respecto o primeiro? ¿Cal vos parece mellor?
Antes da gravación do son, no século XIX, o piano era o gran difusor da música para orquesta. Un no pode levar unha orquesta coma a do video ao salón da casa
pero para que un piano faga as veces do que hoxe son os MP3, fai falla a tarefa do Transcriptor. O gran pianista e compositor Franz Liszt transcribiu as dez sinfonías de Beethoven para o seu instrumento, e, tocándoas por os salóns de toda Europa as fixo famosas. Era un fenómeno da natureza ao que pintaban con multitude de brazos diante do piano. A imaxe collímola de Nos vemos en el Blog, e a sua autora, Marián, fala desta caricatura feita mesmo no tempo de Liszt, como a do Home Araña

Aquí tendes a trascripción de Liszt para piano interpretada por Vladimir Reach
2.4.Neste punto toca falar dos concertos no propio instituto, da sua planificación, dirección, interpretación etc. Penso entón, que sería bo pór un dos vídeos que temos gravados, pero primeiro temos que aprender facelo. De momento podedes dar a vosa opinión nos comentarios
2.5. Toca aquí identificar e describir as especializacións na carreira dun músico. Ao contrario do que se pode pensar, é unha carreira con pocos parados ¿Qué prestixio social pensades que ten?
2.6. Cando tocamos os xilófonos da aula con duas baquetas en cada man, nos estamos a utilizar a técnica de Stevens. ¿cómo poderíamos presenta-la aquí?. Os aspectos técnicos da interpretación levan gran parte da vida dun músico. Traballando un pouquiño estas cousas achegámonos á profesión dende dentro.
Ista é unha demostración moi Norteamericana de diferentes técnicas, a que utiliza para catro baquetas chámase técnica Burton, é un agarre diferente ao noso e, na miña opinión sácalle espectacularidade poro pouco arte
Nesta dirección de Youtube tendes unha boa explicación do agarre Stevens para catro baquetas. Inda que está en Inglés fixádevos se coas imaxes podedes completar as explicacións da clase
No seguinte vídeo, a mala definición permétenos captar o movimento das baquetas. A interpretación é moi boa
comparádea con estoutra para a mesma peza e o discutimos na aula
2.7. Por último,neste bloque, pídenos a programación que reflexionemos sobre a importancia que a música ten nas nosas vidas. utilizade a posibilidade dos comentarios para compartir a vosa experiencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario