contador de visitas.

01 marzo 2009

1. Audición e referentes musicais

1.1.Presenza da música e necesidade do silencio
Saltádevos no seguinte vídeo as palabras do locutor en inglés e despois falamos do que pasa nel


1.2.Xéneros, estilos e culturas
Para diferenciar e escoitar músicas de diferentes xéneros, Antonio, Rubén,Carlos e Marcos atoparon ista interesantísima páxina na rede
Imos agora cun traballo no que Tony, preséntanos unha música que non ten que ver cun estilo artístico senón cunha maneira de vivir e compartir a vida mesma

Ritmos africanos

En africa conviven diversas etnias e culturas que, tanto polos seus costumes como pola súa música, poden dividirse en dous: os países árabes e os da chamada África "negra" ou subsahariana.

Para diferencialos non hai mellor maneira que escoitalos





1. Os tambores africanos
Aínda que en África subsahariana utilízanse moitos tipos de instrumentos musicales, os máis populares son os tambores.
Tipos de tambores:
- Djembé: djem é o nome dunha árbore de madera moi compacta, e be significa cabra, que é o animal do cal se obten a pel para fabricar o parche do instrumento. Aínda que o djembé tivo a súa orixe nalgúns países do África occidental, actualmente utilízase en diferentes lugares para tocar diferentes tipos de música


- Dundun (premede no nome):
tambores de dous parches, de son grave, que normalmente utilízanse para proporcionar unha base rítmica nos conxuntos de tambores

-Donno: con forma de reloxo de area e leva os parches unidos por cordas que, o presionarse co antrebrazo, tensan os parches e modifican a súa altura, permitindo imitar a linguaxe falada



Aínda que é posible facer música cun so tambor, o máis frecuente é escoitalos en conxuntos como podes ver neste video.



2. O ritmo na música africana
O ritmo é o núcleo da música africana. Algúns ritmos, chamados rtmos cíclicos, se repiten unha e outra vez.En ocasións, un dúo ou grupos de percusionistas tocan diferentes ritmos o mesmo tempo, creando unha textura densa que se denomina polirritmia. (aquí podedes escoitar as diferentes partes de distintas pezas por seperado e soando todos a vez)


3. Os sons dun tambor
- Son grave: conséguese percutindo no centro do parche.
- Son agudo: conséguese percutindo entre o centro e o borde do parche.
- Slap: é un son moi forte e agudo que se obtén ocando levemente as máns e golpeando no borde do parche cos dedos.






1.3.Información sobre acceso a músicas en vivo (na nosa cidade)ou nos medios de comunicación, de diferentes épocas(incluída a nosa)e culturas.
1.4.A chave do éxito e da fama no mundo da música ¿Cal pode ser?¿Haberá diferenzas entre o que pide o público máis novo e o dos maiores?
¿Porque hai músicas que traspasan estas fronteiras xeracionais? Mirade ista canción que estamos a cantar na aula. É do festival de Eurovisión do ano 1967 e a cantante descalza chámase Sandie Show

No hay comentarios:

Publicar un comentario