contador de visitas.

05 junio 2012

O Glam Rock


O glam rock (tamén coñecido coma glitter rock), é un subxénero do rock que se desenvolveu no Reino Unido na época post-hippie de principios dos anos 70. O seu nome é un apócope da palabra "glamour". 
Un fenómeno británico en grade medida, o glam rock chegou á súa cima a mediados dos anos 70.Os seus expoñentes máis famosos foron Marc Bolan e T. Rex, Gary Glitter e Slade 


As orixes do glam rock están asociadas con  Marc Bolan, que renoumeou ao seu dúo como T.Rex e fixéronse con instrumentos eléctricos cara finais dos anos 60. Adoita a citarse como o momento do surximento a súa aparición no programa británico de televisión Top of the Pops en marzo de 1971, levando purpurina e roupa de satén, interpretando o que sería o seu primeiro sinxelo en acadar o número 1, "Hot Love". 



No Reino Unido o termo glitter rock foi máis usado para referirse á versión máis extrema do glam representada por Gary Glitter e a súa banda, The Glitter Band, que conseguiron 18 sinxelos no top 10 do Reino Unido entre 1972 e 1976.





No hay comentarios:

Publicar un comentario