A música "beat" é un xénero nacido no Reino Unido a principio dos anos 60. Unha parte deste estilo denominouse Merseybeat, en referencia aos grupos xursidos na rexión de Merseyside a que pertence Liverpool, a cidade que viu nacer a The Beatles e a outros grupos do xénero.
Os instrumentos habituales da música "beat" son a guitarra eléctrica, o baixo eléctrico e a batería e o seu son caracterizase pola sincronización destes últimos. A parte vocal pode recordar ó "doo wop" con coros repetindo sílabas sen significado, pero a diferencia deste xénero, os falsetes e os tonos demasiado graves non son habituais. Os grupos beat tocaban cancións de Rock&Roll e R&B.
O xénero orixinouse en Liverpool, ainda que algúns dos grupos pasaron tempadas actuando en Hamburgo, Alemaña... Consistía en interpretar cancións de R&B con influencias do "doo wop", "skiffle" e en mayor medida do Rock&Roll. Bandas importantes deste xénero procedentes de Liverpool foron por exemplo, The Searchers, Gerry and The Pacemakers y The Merseybeats, os cales na sua maioría curtíronse actuando no Cavern Club desta cidade inglesa.
As bandas "beat" máis importantes ademáis das de Liverpool, foron The Hollies, Herman's Hermits, The Dave Clark Five, The Monkees, os primeiros The Zombies e os australianos Easybeat.
A súa época dorada tivo lugar entre os anos 1963 e 1964, a medidados desta década iniciou a súa decadencia cando a mayoría das bandas "beat" comezaron a tocar "rock psicodelico". Moitos destes grupos deron lugar a llamada "Invasión británica", como foi a oleada de artistas de rock británico que obtiveron unha gran popularidade en Estados Unidos a medidados dos 60, liderados por The Beatles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario