contador de visitas.

14 diciembre 2011

Estilos Musicais.

Existen diferentes estilos musicais, os máis importantes son:

- Música Clásica: O clasicismo musical comeza aproximadamente no ano 1750 (morte de J. S. Bach) e termina no ano 1820. A música clásica coincide coa época chamada clasicismo. A música do clasicismo evoluciona a unha música extremadamente equilibrada entre armonía e melodía.
Entre moitos un dos clásicos da música clásica foi Ludwig van Beethoven.


- Música Country: O country é un estilo musical surgido nos anos 20 nas regións rurales do sur dos Estados Unidos. O término country comezou a ser utilizado nos anos 40.
Vernon Dalhart foi o primeiro cantante de country en ter éxito a nivel nacional nos Estados Unidos en Maio de 1924, con "The Wreck of Old 97"


- Música Pop: A músia pop é aquela que, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - estribillo - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
Un exemplo de música pop é "Stand By me" de John Lennon


- Música Rock and roll: é un xénero popular que se desenvolveu durante e despois na década de 1950. Os sons do rock soen xirar sobre a guitarra eléctrica ou acústica, e ten unha forte sección rítmica formada polo baixo, a batería, e instrumentos de teclado coma órgano, piano ou, dende os anos 70, os sintetizadores. Xunto coa guitarra ou os teclados, ás veces tamén son usados como instrumentos solistas o saxofón ou a harmónica cun estilo blues.
Un exemplo da música Rock and roll é Elvis Presley.


- Música Jazz: O jazz é un estilo musical, nacido entre 1890 e 1910 en Nova Orleáns. A súas raíces remontan á música dos negros e crioulos dos Estados Unidos desde as súas épocas como escravos que datan pouco antes de 1850.
Un exemplo da música Jazz é Louis Armstrong.


- Música Reggae: O reggae é un estilo de música orixinario de Xamaica, da década dos 60. Bob Marley, cantante, compositor e icono deste estilo musical.




No hay comentarios:

Publicar un comentario