contador de visitas.

17 diciembre 2011

A cumbia panameña



Algunha vez oichedes falar da cumbia panameña?

A cumbia panameña é un ritmo musical e baile folclórico autóctono do istmo de Panamá. Surxe do sincretismo musical dos de raza negra procedentes de África, indíxenas e españois (andaluces e galegos) durante a Conquista e a Colonia. É un recoñecido símbolo do folclore nacional panameño.
Ten o seu epicentro cultural nos territorios coñecidos na época colonial como Veragua (actuais provincias centrais de Panamá), rexión onde é maiormente cultivada. Sen embargo, cabe sinalar que é un xénero músical extendido ao largo da xeografía panameña dando como resultado a existencia dunha gran cantidade de variantes que van desde as de influencia netamente negra, pasando as que posúen elementos indíxenas, ata as de características predominantemente europeas.

Compás é Ritmo

A Cumbia panameña é de compás binario de ascendencia Africana en división 2/4 y 6/8, de ascendencia europea no caso da modalidade atravesá. Normalmente as cancións son executadas cun compás único e uniforme en toda a súa duración. Sen embargo, tamén é común que ambos compases alternen nunha mesma canción, característica identitaria da cumbia en Panamá.

Melodía

Na cumbia panameña a melodía proveniente tanto do canto como dos instrumentos musicais teñen características autóctonas e foráneas.
No canto, un recurso fundamental é a saloma, en clara evocación as cantalantes do tamborito, aquela e unha emisión vogal melodiosa de ascendencia indíxena, presente nas faenas e festas campesiñas do interior da república. Tamén se utilizan frecuentemente expresións como ¡axe! e ¡ai! por dar exemplos que proveñen do flamenco de Andalucía. En canto os instrumentos musicais xa sea o rabel, violín o acordeón sempre seguen a voz e incluso é frecuente que o cantar os instrumentos melódicos deixen de executarse por completo, sendo esta última característica sello do canto da Cumbia no Istmo.
Unha paradigma constante no canto da cumbia panameña no interior do país é a preferencia dos intérpretes por agudizar a voz na parte final dunha estrofa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario